Inicio

Benvidos á miña páxina web. Neste espazo pódese atopar toda a información sobre os servizos que ofrezo como tradutor e intérprete profesional.

Traballo cos idiomas inglés, francés e portugués para o galego e o castelán. Proporciono os seguintes servizos profesionais:

  • Tradución xeral e especializada.
  • Tradución xurada (inglés-castelán e inglés-galego).
  • Interpretación simultánea e consecutiva.
  • Revisión e correción de textos.

A miña formación e experiencia garanten un traballo da máxima calidade, a través dun exhaustivo proceso de documentación, procura terminolóxica, revisión coidadosa do texto final antes da entrega e comunicación continua co cliente. A confidencialidade e o respecto escrupuloso dos prazos son asemade características do meu traballo.

Teño como norma aceptar só aqueles traballos para os que estea cualificado. De non ter dispoñibilidade para un encargo, ou se tratar de idiomas cos que non traballo, remitireino a colegas de plena garantía cos que adoito colaborar.

 

© Moisés Rivadulla 2013. Todos os dereitos reservados.

Level Double-A conformance icon, 
          W3C-WAI Web Content Accessibility Guidelines 1.0