Sobre min

Sobre min

  • Licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo (1997).
  • Tradutor-intérprete xurado na combinación inglés-galego, habilitado en 2003 pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (núm. 0024).
  • Tradutor-intérprete xurado na combinación inglés-castelán, nomeado polo Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación logo de superar o correspondente exame en 2005 (núm. 4561). 
  • Son socio profesional da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI).

Experiencia

Son tradutor e intérprete autónomo a tempo completo de xeito ininterrompido desde xuño de 2000. Traballo cos idiomas inglés, francés e portugués para o galego e o castelán. Teño realizado traballos, tanto directamente como a través de axencias, para clientes de todo o mundo e diversos sectores, como dereito, finanzas, deportes, organismos e institucións, industria, software, etc.

O meu currículo completo pode consultarse aquí.

© Moisés Rivadulla 2013. Todos os dereitos reservados.

Level Double-A conformance icon, 
          W3C-WAI Web Content Accessibility Guidelines 1.0