Sobre min

A miña formación e experiencia garanten 
un traballo da máxima calidade, a través dun exhaustivo proceso de documentación, procura terminolóxica, revisión coidadosa do texto final antes da entrega e comunicación continua co cliente. A confidencialidade e o respecto escrupuloso dos prazos son asemade características do meu traballo.

Teño como norma aceptar só aqueles traballos para os que estea cualificado. De non ter dispoñibilidade para un encargo, ou se tratar de idiomas cos que non traballo, remitireino a colegas de plena garantía cos que adoito colaborar.

Formación

Licenciado en Tradución e Interpretación 
pola Universidade de Vigo (1997).

Tradutor-intérprete xurado na combinación inglés-galego, 
habilitado en 2003 pola Secretaría Xeral de Política Lingüística 
da Xunta de Galicia (núm. 0024).

Tradutor-intérprete xurado na combinación inglés-castelán, 
nomeado polo Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación 
logo de superar o correspondente exame en 2005 (núm. 4561).

Son socio profesional da Asociación Galega de Profesionais 
da Tradución e da Interpretación (AGPTI).

Experiencia

Son tradutor e intérprete autónomo a tempo completo de xeito ininterrompido desde xuño de 2000. Traballo cos idiomas inglés, francés e portugués para o galego e o castelán. Teño realizado traballos, tanto directamente como a través de axencias, para clientes de todo o mundo e diversos sectores, como dereito, finanzas, deportes, organismos e institucións, industria, software, etc. O meu currículo completo pode consultarse en Linkedin.